`Queremos cuidar tus animales contigo´

luns, 28 de xaneiro de 2019

PRÓXIMAMENTE ESTAREMOS EN YOU TUBE

Veterinario de Poio está cambiando! e tamén vai cambiar a nosa maneira de interaccionar na web cos nosos amigos. A nosa web vai cambiar e teremos unha canle en YouTube ideada para que teñemos unha comunicación máis interactiva. Igual que facemos o programa en Radio Pontevedra, teremos un programa na web. Todo baixo unha renovada filosofía de atención:

Veterinario de Poio, Veterinario de familia.

martes, 17 de xullo de 2018

Como nos ven as nosas mascotas?

Parácheste a pensar que os animais non ven igual cá nos?
Ben, os primates máis próximos á especie humana parece que sí, pero xa entre os outros monos hai variacións importantes, sobre todo no que toca ó tipo de cores que poden ver.

Os nosos devanceiros máis lonxanos: peixes, anfibios e reptís, como norma xeral poden ver unha gama basada en 3 ou 4 cores básicas, segundo os pigmentos presentes nas súas células perceptoras da coración no ollo (conos). De feito, as aves, en xeral, son cuatricromáticas, e ven ademais dos tonos visibles para nós tamén o ultravioleta. Nós somos tricromáticos (diferenciamos 3 cores básicas, que son verde, azul e bermello), pero isto é unha rareza entre os mamíferos. De feito, de xeito totalmente seguro unicamente algúns monos o somos. Existe a dúbida de se os gatos o son igual cá nos (ven en verde e azul, a dúbida está no bermello), pero no caso dos cans sábese con certeza que son bicromáticos e que a súa visión dos cores se fai combinando azul e amarelo. A maioría dos mamíferos non poden distinguir cores.

Outra diferencia entre os nosos cans e gatos e nós é que eles posúen unha estructura chamada tapete lúcido que reflexa a luz dentro do ollo, permitindo que sexa moito máis sensible con pouca luminosidade. No caso do gato, 16 veces máis cá o noso! Pero por esto mesmo, o grao de iluminación co cal se topan máis cómodos é sensiblemente máis baixo cá o noso. A súa vista está adaptada ó seu primitivo estilo de vida, nos gatos máis de noite ou de sombras, nos cans máis de mirar contra abaixo. As aves teñen unha estratexia diferente: elas poden controlar voluntariamente a pupila, adaptándose fabulosamente ós cambios de iluminación. Realmente, de entre as nosas mascotas son as que teñen mellor visión. A súa capacidade de enfoque é tamén extraordinaria e ademais, son capaces de diferenciar ata 60 movementos por segundo, frente a 25 nós. Esto significa que, se miran unha película, ven perfectísimamente cada fotograma. Sen esforzo.

Os cans e gatos teñen en comparación cos humanos menos sensibilidade polo detalle. A súa visión detecta moi ben o movemento, pero comparada coa nosa é un pouco difuminada. No caso dos gatos ven moitsísimo mellor aquelo que enfocan directamente cá o que non. Ou sexa, ollan ben aquelo no que se fixan mentres o resto queda "desenfocado"...
Saber como ven axúdanos a entendelos mellor. Saber que nos coñecen moito mellor por cómo nos movemos que polas nosas faccións, e ou por qué ven moi ben o xoguete cando se move, pero que lles custe atopalo cando está parado, aínda que o teñan mesmo diante... Curioso, verdade?

martes, 3 de xullo de 2018

CREO QUE O MEU PELUDO TEN UN TUMOR

Qué facer? Qué será ese vulto que lle apareceu?
Pois nin poñernos tremendos nin deixalo estar. Ese vulto pode ser que sexa un tumor ou que sexa algún tipo de inflamación ou de quiste, pero sexa o que sexa, convennos saber que é o que hai.

O certo é que os tumores son frecuentes, sobre todo nos cans. Un de cada 4 cadelos van padecer algún tipo de tumoración, que aparecen sobre todo nas mamas ou na pel, que afortunadamente son lugares nos que os donos nos podemos dar conta.

Certamente unha masa que medra lento, que non parece estar pegada á carne, nin inflamada, nin causar molestias, nin convertirse nunha ferida, pois frecuentemente é benigna, pero todo isto non supón ningunha garantía. O prudente é sempre que a mire o veterinario, e sin esperar a ver que pasa. Porque en moitas ocasións esperar supón permitir que un pequeno problema se convirta nun gran problema.

Temos que ser conscientes de que moitos tipos de tumores son se limitan a facer dano no lugar onde están, senón que provocan reaccións no corpo que afectan á saúde xeral, tales como anemia, debilitamento xeral, alteracións do metabolismo, febre, trastornos do sangue, da pel, nerviosos...

Pode pasar que a exploración sexa suficiente para poder saber qué é ese vulto, pero na maioría das ocasións os veterinarios temos que pinchar as masas para extraer células e observalas no microscopio. Normalmente, así poderemos saber se o que temos é unha inflamación, un quiste, un crecemento anormal non tumoral ou un verdadeiro tumor. E no caso dos tumores, frecuentemente xa poderemos saber de qué tipo de células e se o seu aspecto é máis ou menos suxestivo de malignidade. Esta xa é información suficiente como para poder tomar decisións cabales.

Case sempre que topemos un tumor non inocente e que sexa viable facelo a recomendación vai ser extiparllo.

Certamente a cirurxía non sempre soluciona por completo o problema, pero hai que ter en conta que para cada caso deberemos buscar as ferramentas máis axeitadas. Aínda que se trate dun cancro, hoxe existen moitos recursos que podemos utilizar: ademais das coñecidas quimioterapia e radioterapia, certamente caras e con fama de agresivas (se ben o certo é que os cans adoitan soportalas bastante ben), hoxe temos dispoñibles outras terapias (antianxioxénica, metronómica, inmunoterápica e as chamadas terapias dixiridas) que nos poden axudar a xestionar a doenza e conseguir, cando non a curación, prolongar o tempo con boa calidade de vida do noso gatiño ou canciño.

E un derradeiro apuntamento: os tumores malignos son debilitantes e unha parte clave, fundamental, para que todo vaia o mellor posible, é algo tan sinxelo como... comer ben; en cantidade e calidade!

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Por qué un Plan de Saúde?


Porque é beneficioso para todos: para o animal, para o dono da mascota e para o veterinario!
O animal? pois porque vai estar mellor coidado. Vai recibir unha atención máis completa en canto a prevención e sempre asesorada polo seu veterinario (por exemplo, elixindo que antiparasitario externo é o ideal en cada momento).
Ademais, o feito que as consultas vaian incluídas no plan -a coste 0 ou a prezo reducido- axuda a que cando suceda calquera incidencia se acuda inmediatamente, e isto na práctica logra que moitos problemas se controlen antes de que se fagan máis graves.
E outro aspecto interesante: tanto os cans coma os gatos afeitos a ir con frecuencia ao veterinario normalmente toleran mellor as visitas.
O dono da mascota? recibe un servizo superior por un prezo interesante, e ademais ten un gran potencial de aforro no caso de que aparezan problemas, sobre todo no caso dos plans máis completos, que comportan descontos en probas, analíticas e cirurxías. Convérteste en cliente VIP!
O veterinario? fai un traballo máis satisfactorio, porque sabe que está fomentando mellor a tenza responsable, a lonxevidade e o benestar, e porque en caso de problemas traballa cun coñecemento máis profundo da saúde de cada pacente, grazas ó cal en moitas ocasións se poderán conseguir mellores resultados.
Os plans de saúde, ou plans de benestar, ou igualas, son moi diferentes en cada centro veterinario, pero como norma xeral constan de 3 partes:
1- Prevención de doenzas (vacinas, desparasitacións, esterilización, coidados dentais e asesoramento en temas de nutrición e comportamento).
2- Detección precoz de patoloxías (chequeos con probas e/ou analíticas periódicos e precirúrxicos, detección de doenzas articulares, de tumores e de doenzas vectoriais).
3- Consultas por enfermidade incluídas ou a prezo reducido e descontos noutros servizos que preste o centro.
Aínda que sexa unha opción evidentemente interesante en moitos casos, e seica en España xa os ofertan 1 de cada 3 clínicas veterinarias, en realidade non están aínda demasiado difundidos.
Nós estamos convencidos de que para moitos donos sería a mellor opción e que debemos facer un maior esforzo en que coñezan.
A tí que che parece, ¿non che pode interesar un plan de saúde para o teu peludo?

martes, 26 de decembro de 2017

Cambio nos nosos horarios

Toca evolucionar. De cando en vez é positivo repensar cómo estamos facendo as cousas e decidir algunhas melloras... Como consecuencia dos cambios que imos implementar, os horarios veranse un pouco modificados. Os días laborables serán de 9:30 a 14 horas pola mañán e de 16:30 a 20:30 polo serán. Sábados de 10 a 13:30 horas.

mércores, 29 de novembro de 2017

Con TeuVet, ten o teu veterinario ao alcance do teu WhattsApp

Os animaliños protexidos por un TeuVet Control poden a partir de agora solicitarnos darse de alta na nosa lista de WhattsApp. A posibilidade de comunicación por esta vía é un privilexio exclusivo para mascotas subscritoras dun dos nosos plans de saúde.
Aínda que a comunicación por mensaxes e fotos nunca pode sustituir unha consulta presencial, o que sí pode facer é mellorar a fluidez na comunicación entre donos e veterinarios, e axudar a resolver dúbidas sinxelas, sobre todo cando coñecemos ben o animal e as súas circunstancias, algo que se cumpre especialmente ben nas mascotas TeuVet.

martes, 14 de novembro de 2017

Vas ter canciños ou gatiños? Fai o necesario para que todo vaia ben!

Tes previsto que nazan canciños ou gatiños na túa casa? Queremos darche algunhas nocións para que esa niñada medre sana e feliz:

A verdade é que normalmente as nais realizan estupendamente todo o traballo necesario para levar adiante as súas crías, pero tampouco é raro que perdamos algún cachorriño ou gatiño nos seus primeiros días. Algunhas destas perdas son inevitables, pero outras non, e deberemos estar atentos a unha serie de orientacións para intentar previr as mortes evitables.

A primeira delas, evidente, é comprobar que o comportamento maternal é axeitado.

Pero ademais, recomendamos realizar as seguintes comprobacións na niñada:
    • pesar os cachorros: normalmente duplicarán o peso en 10 días.
    • Vixiar a aparición de feces verdes ou brancas: indican mala dixestión
    • Proporcionarlles a temperatura de confort: coa nai: 20-24º; sen a nai: 28-32º. Excederse causa deshidratación e constipación (estreñemento).
Ademais, existen algúns trastornos que debemos coñecer para podelos detectar o máis pronto posible. Debemos ser conscientes de que o éxito da intervención veterinaria en caso de que se presente un problema vai depender en gran medida de que se realice a tempo, pois os cachorriños de días son complicados de remontar unha vez se atopan mal.

Os trastornos máis importantes que temos que verificar que non se presenten no primeiro día son basicamente dous:

Distrés respiratorio: Apreciaremos poucas respiracións por minuto. Lembrar que a estimulación por parte da nai é moi importante para que empecen a respirar. Outras causas: sufrimento durante o parto, aspiración de meconio (o líquido do parto non se absorbe no pulmón), danos e infeccións.

Síndrome 3H (hipoglicemia, deshidratación, hipotermia): cachorros que non succionan e que ó deshidratarse perden temperatura e peso. Pode estar causado por infección, íleo, herpesvirus... Deberemos suplementarlles leite intubándoos, e tamén se deberá monitorizar o nivel de glicosa. En caso de deshidratación deberemos subministrarlles ademais soro por vía subcutánea. 

O motivo de mortalidade máis frecuente nos 3 primeiros días son as infeccións procedentes da nai, por máis que na maioría dos casos aparentemente se vexa normal. Debemos solicitar asistencia veterinaria para valorar se é oportuno administrar antibióticos á mínima sospeita.

A principal causa de que se perdan cachorros dentro das primeiras 3 semanas é a infección por herpesvirus. O veterinario recomendará moitas veces realizar analíticas para comprobar a presenza deste virus en caso de problemas de fertilidade (abortos, nacemento de cachorros mortos ou débiles), e valorará o interese de facer a vacinación profiláctica.

Por suposto, estes non son os únicos motivos que poden orixinar que poidamos perder algún cachorro recén. Se sucedese algún problema, tamén investigaremos outras posibles causas. Lembrar s
empre que
Normalmente as nais realizan estupendamente todo o traballo necesario para levar adiante as súas crías, pero non é raro que perdamos algún cachorriño ou gatiño nos seus primeiros días. Algunhas destas perdas son inevitables, pero outras non, e deberemos estar atentos a unha serie de indicacións para intentar previr as mortes evitables.
A primeira delas, evidente, é comprobar que o comportamento maternal é axeitado.

Pero ademais, recomendamos realizar as seguintes comprobacións na niñada:

    • pesar os cachorros: normalmente duplicarán o peso en 10 días.
    • Vixiar a aparición de feces verdes ou brancas: indican mala dixestión
    • Proporcionarlles a temperatura de confort: coa nai: 20-24º; sen a nai: 28-32º. Excederse causa deshudratación e constipación (estreñemento).

Ademais, existen algúns trastornos que debemos coñecer para podelos detectar o máis pronto posible. Debemos ser conscientes de que o éxito da intervención veterinaria en caso de que se presente un problema vai depender en gran medida de que se realice a tempo, pois os cachorriños de días son complicados de remontar unha vez se atopan mal.

Os trastornos máis importantes que temos que verificar que non se presenten no primeiro día son basicamente dous:

Distrés respiratorio: Apreciaremos poucas respiracións por minuto. Lembrar que a estimulación é moi importante para que empecen a respirar. Outras causas: sufrimento durante o parto, aspiración de meconio (o líquido do parto non se absorbe no pulmón), danos e infeccións (sepse).

Síndrome 3H (hipoglicemia, deshidratación, hipotermia): cachorros que non succionan e que ó deshidratarse perden temperatura e peso. Pode estar causado por sepse, íleo, herpesvirus... Deberemos suplementarlles leite intubándoos, e tamén se deberá monitorizar o nivel de glicosa. En caso de deshidratación deberemos subministrarlles ademais soro por vía subcutánea.


O motivo de mortalidade máis frecuente nos 3 primeiros días son as infeccións procedentes da nai, por máis que na maioría dos casos aparentemente se vexa normal. Debemos solicitar asistencia veterinaria para valorar se é oportuno administrar antibióticos á mínima sospeita.


A principal causa de que se perdan cachorros dentro das primeiras 3 semanas é a infección por herpesvirus. O veterinario recomendará moitas veces realizar analíticas para comprobar a presenza deste virus en caso de problemas de fertilidade (abortos, nacemento de cachorros mortos ou débiles), e valorará o interese de facer a vacinación profiláctica. A presenza deste virus é actualmente bastante frecuente.

Por suposto, estes non son os únicos motivos que poden orixinar que poidamos perder algún cachorro recén. Se sucedese algún problema, tamén investigaremos outras posibles causas.
Sempre un bo control por parte dos donos e unha boa cooperación cos veterinarios reducirá os disgustos ó mínimo posible.