`Queremos cuidar tus animales contigo´

martes, 30 de xuño de 2015

Prevén o golpe de calor

Os nosos amigos da asociación Cansdomar pídennos unas orientacións prácticas sobre o temido golpe de calor, un tema candente dadas as elevadas temperaturas que se rexistran algúns dos días. Esperamos que vos sexa útil así:
As nosas mascotas non poden suar (vale, o certo é que un pouquiño sí, en determinados lugares, coma as axilas ou as mans e pés), pero en calquera caso non poden soportar o calor igual cá nós. Esto é especialmente problemático no caso dos cans, especialmente naqueles que teñan algunhas destas condicións:
- morro chato
- obesidade
- pelo longo e denso
- color do manto escuro
- respiración ruidosa (problemas respiratorios en xeral)
- doenzas cardiacas
- idade avanzada ou cachorro
Eles disipan o calor por medio basicamente do xadeo, evaporando líquido así na boca e na gorxa, de xeito que é fundamental que nos días de calor teñan permanentemente auga fresca a libre disposición. Tamén debemos evitar que fagan exercicio físico e que permanezan en ambientes moi calorosos -ollo ca exposición intensa ó sol- ou sofocantes. A este respecto é crítica a permanencia dentro de vehículos, porque a temperatura que pode alcanzar o seu interior doadamente se fai intolerable para os cans, podendo orixinar un problema grave en apenas minutos: nunca deixar unha mascota soa dentro dun auto que se poida requentar.
Incluso cando viaxamos, aínda que levemos o aire acondicionado conectado, debemos que ter a precaución de que non lle dé o sol directamente sobre o seu transportín, ofrecerlle auga fresca con frecuencia e parar e deixalo sair cada como máximo 2 horas.

Recoñecer un golpe de calor: en caso de que a temperatura corporal se faga excesiva, veremos xadeo incesante e as enxivas do can toman unha coración bermella intensa. Os animais frecuentemente dan a sensación de estar angustiados. Nos casos máis graves pode aparecer postración, salivación, vómitos e/ou diarrea, incoordinación, tremores, inconsciencia e convulsións. O aspecto das enxivas pode volverse grisáceo e poden aparecer hemorraxias espontáneas. Un golpe de calor severo frecuentemente será mortal.

Cómo actuar: se sospeitamos un golpe de calor debemos rebaixar a temperatura do corpo sen demora. A primeira medida é mollar o animal. O ideal é rodealo con toallas molladas en auga semifría. Usar auga fría ou xeo é menos eficaz. O que sí é razoable usar é o alcohol. Podemos porllo nas ingles, axilas, patas e colo. Por descontado, o afectado debe permanecer nun lugar fresco, e podemos ofrecerlle auga, pero non obrigalo a tomala. Sempre debe levarse a continuación ó veterinario, onde se poderán por en marcha máis medidas de apoio. Deberá permanecer en observación un mínimo de un par de días, pois inda se poden presentar complicacións debidas a un golpe de calor (problemas respiratorios, da coagulación, do corazón, renais, neurolóxicos...) ata varios días máis tarde de que teña sucedido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario