TEUVET CONTROL: as vacinacións e desparasitacións, tódalas consultas
con cita previa que poida necesitar, a identificación (microchip) e
unha completa revisión de saúde que inclúe analíticas,
electrocardiograma, radiografías, ecografía...
A xestión óptima do benestar e a saúde que propicia unha vida
máis longa e feliz!
TEUVET CONTROL
PLUS: máis o 70% de desconto nas cirurxías
e o 30% nas probas diagnósticas (radiografías, ecografías, electrocardiograma,
microscopías e analíticas) realizadas por Veterinario de Poio. Tranquilidade aumentada!
TEUVET é
SEGURIDADE, TRANQUILIDADE, AFORRO, LONXEVIDIDADE
QUÉ INCLÚE TEUVET?
TEUVET CONTROL:
–
as desparasitacións
internas e externas precisas para todo o ano,
–
as vacinacións
(1),
–
as consultas
de medicina xeneralista con cita previa,
–
a identificación
(microchip),
–
o paquete
TEUVET de probas e analíticas, que inclúe: ecografía abdominal,
electrocardiograma, radiografías, exame coprolóxica, analíticas urinaria e
sanguínea...
e
ademais, nos cans: o test Quattro de doenzas vectoriais.
e nos
gatos: o 1º test leucemia-inmunodeficiencia.
TEUVET CONTROL PLUS engade:
-30% de desconto nas probas diagnósticas e analíticas
realizadas por Veterinario de Poio (2)
-70% de desconto nas intervencións cirúrxicas realizadas
por Veterinario de Poio (3)
(1)
Vacinacións
esenciais e máis a antirrábica e a dos catarros víricos no caso dos cans;
leucemia en gatos e leishmaniose en cans en caso de condicións de risco e a
criterio facultativo.
(2)
Veterinario de
Poio dispón dun equipo de hematoloxía e bioquímica sanguínea de última xeración
que permite a realización da gran maioría das determinacións sanguíneas
precisas na clínica diaria, así como dos equipamentos precisos para realizar
urianálise, microscopía, tensiometría, tonometría ocular, etc.
(3)
O servizo
cirúrxico de Veterinario de Poio realiza unha ampla gama de intervencións de
tecidos brandos, entre elas: corrección de defectos palpebrais
(blefaroplastia); fixación da membrana nictitante; reposición do globo ocular
protruído; apertura dos orificios nasais estreitos nos cans chatos; extraccións
dentais e outras técnicas odontolóxicas (consultar); intervencións no estómago
(gastrotomía), o intestino (enterectomía, enterotomía) e na vexiga urinaria
(cistotomía); esterilización de femias (ovariohisterectomía) e machos
(orquidectomía ou vasectomía); cesárea; extirpación de bazo (esplenectomía),
cordóns mamarios, glándulas salivales, diversos tipos de tumores, etc;
corrección de hernias; reposición con anestesia de membros dislocados; así como
suturas e curas de feridas, e limpezas dentais por ultrasons con posterior
pulido.
CÁNTO CUSTA TEUVET ?
TEUVET CONTROL: 277 €/ano IVE incluído
TEUVET CONTROL PLUS: 388 €/ano IVE incluído
Propietarios de varias mascotas: 3% de desconto na segunda mascota con suscripción en
vigor, 6% na terceira, 9% na carta, 12% na quinta e sucesivas.
Os descontos superiores practicaranse
nas suscripcións de menor valor.
Condicionado:
TEUVET é unha suscripción anual. O seu importe pode fraccionarse sen cargo para o cliente a traveso do servizo Aplazos de Abanca. Cada suscripción é para unha mascota individual.
TEUVET dá dereito a tódalas consultas
con cita previa dispoñible dentro do horario regular de atención ó público
de Veterinario de Poio que o cliente solicite por motivos xustificados. As
revisións correspondentes ás consultas serán pautadas polo equipo facultativo.
Cortes de unllas, limpezas de oídos sans e control do pelo dos oídos ou entre
os dedos están incluídos.
O proposito da analítica sanguínea
é a detección precoz de doenzas ou de desviacións que poidan derivar en
doenzas, así coma o seguemento de anomalías preexistentes, e o seu contido será
pautado a criterio facultativo, podendo ser diferente en suscripcións
equivalentes.
As desparasitacións comportan:
desparasitación interna cada 3 meses e externa ca frecuencia pautada conforme o
produto usado, durante toda a vixencia da suscripción. A elección dos
antiparasitarios será: conforme criterio facultativo, evidencia de eficacia e
comodidade de uso ou preferencia.
As radiografías de displasia
realizaranse aos cachorros das seguintes razas: bobtail, border collie, boxer,
caniche xigante, chow-chow, cocker spaniel, collie, dogo alemán, dogo de
Burdeos, español bretón, galgo afgano, golden retriever, Labrador retriever,
Lhasa apso, mastín español, montaña dos Pirineos, pastor alemán, pastor
australiano, pastor belga, rottweiler, sabuesos, samoyedo, San Bernardo,
schnauzer xigante, setters, shar-pei, Terranova e weimaraner. A anestesia
necesaria será facturada de maneira independente.
Os prezos publicitados son válidos
para suscripcións realizadas durante 2018.
En caso de que unha mascota deixe de
existir (baixa por falecemento en REGIAC) durante a duración dunha suscripción,
poderá disporse do importe proporcional ó tempo de suscripción non aproveitado
como parte do pago doutra suscripción.
Veterinario de Poio resérvase o
dereito de admisión de suscripcións.
TEUVET NON INCLÚE:
.
consultas en horario regular sen cita previa (facturaranse no seu caso 6 €
i.i.).
.
atencións fóra de horario regular (servicio de emerxencias) nin desprazamentos
a domicilios.
:
servizos realizados por terceiros (casos ou cirurxías que sexan remitidos a
especialistas,
probas
ou analíticas realizadas por colaboradores externos)
.
internamentos que comporten estancias que excedan o horario de apertura.
.
medicacións, fluidoterapias, suplementos nutricionais, dietas terapéuticas nin
analíticas ou
probas
diagnósticas que non se realicen no contexto dunha revisión preventiva, ca
excepción dos descontos para as
analíticas e probas pautados para o TEUVET PLUS.
.
intervencións cirúrxicas, salvo os descontos pautados para o TEUVET PLUS.
TEUVET
confianza mutua
Ningún comentario:
Publicar un comentario