`Queremos cuidar tus animales contigo´

venres, 16 de setembro de 2016

Sempre mellorando a nosa formación

Durante a semana pasada tivemos ocasión de realizar unha estancia formativa con Javier Caruncho, da clínica veterinaria Arealonga, experto con quen tivemos a oportunidade de mellorar a nosa destreza nas áreas de ecografía e cardioloxía. Unha experiencia excelente que agradecemos de corazón... do noso e tamén do das mascotas que nos visitan, que desde agora o terán sen dúbida mellor coidado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario