`Queremos cuidar a tus animales contigo´

domingo, 19 de marzo de 2017

AGRADECEMENTO... E CAMBIO TEMPORAL NOS HORARIOS!

Para Veterinario de Poio foi un privilexio ter contado no seu equipo coa veterinaria Marta Pastor, e queremos desde aquí darlle as grazas e desexarlle o mellor na súa nova traxectoria vital que agora empezará. Moita sorte Marta!

Para garantir unha óptima prestación dos nosos servizos en tanto non teñamos rodado a nova organización interna da clínica, imos modificar os horarios, que ata novo aviso serán:

Días laborables:

mañáns 9:30 a 13:30 h; tardes 16 a 20 h

Sábados, 10 a 13:30 h

Ningún comentario:

Publicar un comentario