`Queremos cuidar a tus animales contigo´

mércores, 22 de marzo de 2017

CAMPAÑA DE PRIMAVERA: IDENTIFICACIÓN POR MICROCHIP

Non podemos quedarnos de brazos cruzados vendo como aínda hai unha chea de mascotas sen identificar. A lexislación vixente indica que a todo animal que se posúa para desfrutar do seu acompañamento se lle debe implantar o chip, e aínda que concreta que se debe implantar a tódolos cans sen excepcións, realmente deberían levalo tamén os gatos e furóns, e nós opinamos que como mínimo, sobre todo -é de sentido común- débeselle por aos gatos con acceso a exterior.
Recentemente foi actualizada a ferramenta informática do rexistro de animais da Xunta de Galicia, o REGIAC, de maneira que é máis eficaz... pero tamén máis laboriosa de usar, incrementando o tempo que se tarda en cumprimentar cada trámite, o cal fixo que, coherentemente, o prezo das identificacións subise un pouco en moitas clínicas.
Sabemos que algunhas persoas pensan que o prezo do microchip é caro, pero hai que pensar que leva tanto tempo de traballo dun veterinario coma unha consulta sinxela e que comporta ademais uns gastos que fan que esa tarifa sexa a lóxica.
Agora ben, en Veterinario de Poio imos romper unha lanza a favor da identificación daquelas mascotas que aínda non o están. O DESCONTO do 25% que practicamos a traveso dos VETPOIOBONUS a partir da segunda identificación que se realice durante o ano será APLICADO A TÓDALAS INDENTIFICACIÓNS REALIZADAS DURANTE ESTA PRIMAVERA, ca única condición de que se realice algunha outra acción de medicina preventiva (desparasitar, vacinar, esterilizar, limpeza dental, chequeos, probas ou analíticas realizadas no entorno da prevención...). Porque xa sabedes que a prevención é ese importante traballo silencioso que nos vai permitir manexar mellor ou evitar un gran montón de problemas... Nunca deixaremos de insistir en estar con vós para facer unha boa medicina preventiva!

Ningún comentario:

Publicar un comentario