`Queremos cuidar a tus animales contigo´

xoves, 16 de marzo de 2017

MELLORAMOS OS NOSOS PLANS DE SAÚDE PREVENTIVA



Celebramos a chegada da primavera estreando un TEUVET mellorado! Os plans de saúde son un instrumento eficaz para mellorar e prolongar o tempo de vida das nosas mascotas. Agora os populares plans de saúde de Veterinario de Poio son máis completos:
O TEUVET TOTAL nesta renovada versión inclúe a vacinación contra a leishmaniase, e incorporamos o novo TEUVET OK!, no cal incluímos respecto da opción básica unha analítica sanguínea de control, a vacinación contra a tos das canceiras e descontos nas probas diagnósticas que se realicen por prevención (radiografías, ecografías, electrocardiogramas). Tanto o TEUVET OK! coma o TEUVET TOTAL agora  inclúen tódalas desparasitacións que cada mascota necesita, tanto internas coma externas, durante todo o ano: un punto clave na prevención é desparasitar correcta e permanentemente, e desta maneira o voso peludo recibirá puntualmente os antiparasitarios de máxima calidade e eficacia que precise, con garantía de eficacia (se non funcionase ben, administrariamos outro sen cargo). No caso do plan máis sinxelo, agora TEUVET 2.0, teredes un 22% desconto nos antiparasitarios.
Outra vantaxe máis: cos TEUVET OK! e TEUVET TOTAL, en caso de que se realice unha operación por prevención (esterilización, limpeza dental), realizarase un desconto equivalente ao valor da consulta preanestésica.
E coma sempre, tódolos TEUVET inclúen as vacinacións esenciais, a identificación dos cachorros e tódalas consultas con cita previa que se poidan necesitar, coa novidade de que agora se pode fraccionar sen coste o seu pago por trimestres por medio do servizo Aplazos de Abanca

Pregúntanos polos nosos plans de saúde. Seguro que temos un TEUVET un ideal para tí!

Ningún comentario:

Publicar un comentario