`Queremos cuidar a tus animales contigo´

domingo, 20 de agosto de 2017

INCORPORACIÓN AO NOSO SERVIZO DE EMERXENCIAS

VETERINARIO DE POIO presta un servizo de atención de emerxencias fóra do noso horario de apertura, estando algún veterinario localizable as 24 horas 365 días ao ano, salvo circunstancias excepcionais.

EMERXENCIAS 24 HORAS TELÉFONO 608 68 44 64

Para que prestar este servizo sexa compatible cunha calidade de vida razoable para os nosos veterinarios, parte dos días (fins de semana...) este servizo vense realizando conxuntamente co Centro Veterinario Darwin de Pontevedra, de maneira que parte dos días presta o servizo unha das clínicas e o resto dos días a outra.
Temos deseñado un modelo que permite fluir a información necesaria para que unha das clínicas poida atender un caso da outra e retornarllo sen que esto supoña mermas na calidade da atención, que funciona estupendamente.
Hoxe temos o pracer de anunciar que se incorporará proximamente a este servicio a clínica veterinaria MCVet de Pontevedra. Ao igual que Darwin e Veterinario de Poio, MCVet é un centro dirixido por un facultativo de contrastada competencia e co equipamento necesario para atender con garantías a inmensa maioría das emerxencias que se poidan presentar.
A colaboración regular entre distintos centros veterinarios permite ademais ofertar un potencial de servizo superior, ao poder acceder de maneira fluída a recursos eventualmente necesarios que poidan estar dispoñibles noutra clínica. Porque a nosa misión é facilitar a mellor solución posible para cada problema, esté donde esté.

Ningún comentario:

Publicar un comentario