`Queremos cuidar tus animales contigo´

domingo, 29 de outubro de 2017

Presentamos TEUVET CONTROL. O noso novo plan de saúde, aínda máis interesante.

Tras dous anos e media de experiencia co TEUVET, pulsando a súa eficacia e tamén que é o que realmente esperades del os donos de cans e gatos, vimos de facer unha mellora radical ao plan de saúde preventiva de Veterinario de Poio: agora vai ser máis sinxelo -só un tipo- e a un tempo máis ambicioso e completo.
Está demostrado que facer controles regulares de saúde ao longo da vida das mascotas pode aumentar de maneira importante a súa lonxevidade con boa calidade de vida, sobre todo porque permite detectar precozmente alteracións que, se non as manexamos, terminan orixinando enfermidades que podemos evitar, atenuar ou retrasar.
Por isto, TEUVET de Veterinario de Poio desde agora incluirá sempre o chequeo anual completo con analíticas, radiografías, ecografía, etc, e tamén -fundamental para evitar problemas- ter desparasitado interna e externamente todo o ano ao teu mellor amigo de 4 patas, ademais de, coma sempre, as vacinacións, a identificación e tódalas consultas con cita previa que poida precisar.
O novo TEUVET CONTROL ten un prezo máis interesante que nunca: é unha suscripción anual que custa 277 € (IVE incluído) para calquera can ou gato, con independencia da súa idade, peso, estilo de vida ou estado de saúde previo, ca posibilidade de conseguir un desconto do 30% nas probas diagnósticas e un 70% nas ciruxías realizadas en Veterinario de Poio por 111 € suplementarios.
Dispoñible desde novembro de 2017.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario