`Queremos cuidar tus animales contigo´

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Por qué un Plan de Saúde?


Porque é beneficioso para todos: para o animal, para o dono da mascota e para o veterinario!
O animal? pois porque vai estar mellor coidado. Vai recibir unha atención máis completa en canto a prevención e sempre asesorada polo seu veterinario (por exemplo, elixindo que antiparasitario externo é o ideal en cada momento).
Ademais, o feito que as consultas vaian incluídas no plan -a coste 0 ou a prezo reducido- axuda a que cando suceda calquera incidencia se acuda inmediatamente, e isto na práctica logra que moitos problemas se controlen antes de que se fagan máis graves.
E outro aspecto interesante: tanto os cans coma os gatos afeitos a ir con frecuencia ao veterinario normalmente toleran mellor as visitas.
O dono da mascota? recibe un servizo superior por un prezo interesante, e ademais ten un gran potencial de aforro no caso de que aparezan problemas, sobre todo no caso dos plans máis completos, que comportan descontos en probas, analíticas e cirurxías. Convérteste en cliente VIP!
O veterinario? fai un traballo máis satisfactorio, porque sabe que está fomentando mellor a tenza responsable, a lonxevidade e o benestar, e porque en caso de problemas traballa cun coñecemento máis profundo da saúde de cada pacente, grazas ó cal en moitas ocasións se poderán conseguir mellores resultados.
Os plans de saúde, ou plans de benestar, ou igualas, son moi diferentes en cada centro veterinario, pero como norma xeral constan de 3 partes:
1- Prevención de doenzas (vacinas, desparasitacións, esterilización, coidados dentais e asesoramento en temas de nutrición e comportamento).
2- Detección precoz de patoloxías (chequeos con probas e/ou analíticas periódicos e precirúrxicos, detección de doenzas articulares, de tumores e de doenzas vectoriais).
3- Consultas por enfermidade incluídas ou a prezo reducido e descontos noutros servizos que preste o centro.
Aínda que sexa unha opción evidentemente interesante en moitos casos, e seica en España xa os ofertan 1 de cada 3 clínicas veterinarias, en realidade non están aínda demasiado difundidos.
Nós estamos convencidos de que para moitos donos sería a mellor opción e que debemos facer un maior esforzo en que coñezan.
A tí que che parece, ¿non che pode interesar un plan de saúde para o teu peludo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario