`Queremos cuidar a tus animales contigo´

xoves, 17 de agosto de 2017

Coñece e evita o trastorno penoso máis frecuente nos cans adultos


Un tema de gran importancia pola súa frecuencia e polo seu impacto na felicidade dos nosos canciños é a OSTEOARTROSE, consistente no deterioro progresivo do cartílago dos xogos, que pode orixinar signos tales coma:
    • diminución da mobilidade dos xogos afectados,
    • aparición de fragmentos desprendidos de oso dentro da articulación (osteofitos),
    • presenza anormal de líquido,
    • engrosamento e incluso deformación da zona,
    • ademais de -esto é importante e sucede sempre- dor crónica.
A osteoartrose afecta severamente á calidade de vida e pode conducir á incapacitación. Afecta prioritariamente a cóbado, cadeira e xeonllo. É o motivo máis común de coxeira en cans adultos e non podemos esquecer que, aínda que non o manifesten de maneira tan patente, tamén afecta frecuentemente aos gatos de idade avanzada.

Prevención:
      • nos cachorros de razas grande, proporse que medren delgados e sen facer exercicio demasiado esixente
      • nos cachorros de raza grande, utilizar suplementos condroprotectores entre os 4-6 e os 8-12 meses de idade para conseguir formar de maneira óptima os cartílagos articulares.
      • Evitar ao longo da vida o exercicio demasiado esixente
      • Previr o sobrepeso
      • Alimentación equilibrada e de boa calidade

O diagnóstico precoz é importante para preservar o mellor posible a mobilidade da nosa mascota, e estará apoiado nunha correcta exploración ortopédica durante as revisións periódicas e incluso na realización de radiografías, que tamén serán interesantes para realizar o seguemento dos animaliños xa diagnosticados.

Tratamento: o tratamento conservador convencional está basado na reducción de peso (dieta controlada, alimentos terapéuticos) e nos nutracéuticos (suplementados con glicosaminoglicanos, condroitina, acedos graxos omega 3...). Ademais, deberá realizarse exercicio de baixo impacto (sobre superficies suaves) e sen chegar a provocar a dor, e é recomendable utilizar a fisioterapia (exercicios de mobilidade pasiva para evitar que os xogos se agarroten) e frecuentemente fármacos antiinflamatorios.
Existen tratamentos avanzados, coma a toxina botulínica intraarticular, a implantación de condrocitos autólogos, o plasma rico en plaquetas (activado con cloruro cálcico, uso en infiltración) ou as células mesenquimales (precisa ciruxía para obter tecido, pero o efecto é máis consistente e duradeiro) que poden ser de axuda nos casos máis complicados. Nalgunhas ocasións, tamén se poderá plantexar a realización dunha cirurxía por parte dun especialisa.
Realizar revisións ortopédicas ao longo da vida da nosa mascota e estar atentos para controlar calquera coxeira persistente ou que se repita con facilidade son boas ideas para intentar lograr que este trastorno non lle amargue á vida ó noso mellor amigo peludo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario